Afundación presenta obradoiros de artesanía na súa sede de Lugo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizou unha nova programación de obradoiros de artesanía tradicional debido ao éxito alcanzado polos realizados no marco da exposición «Oficios entre lusco e fusco» e con motivo da celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Mañá, sábado 3 de febreiro, a partir das 17.00 horas, celebrarase o primeiro deles, un obradoiro de cestería dirixido por Carmen Fieiras.

Fieiras é unha artesá lucense que atesoura máis de 15 anos de experiencia impartindo este tipo de talleres a público tanto adulto como infantil. Fieiras domina a técnica tradicional da cestería con vimbio, pero tamén experimenta e innova tinguindo outros materiais como medula de rotén para crear pezas de gran atractivo visual. O feito de pertencer a unha xeración de artesáns novos demostra que este oficio e as súas múltiples revisións aínda teñen moita vida por diante.

Os seguintes obradoiros de cestería serán o 3 de marzo e o 7 de abril. Tamén se celebrarán obradoiros de olería e torno cerámico os días 17 de febreiro, 17 de marzo e 17 de abril, todos eles de 17.00 a 20.00 h. Están dirixidos a todo tipo de público, tanto familiar como infantil e adulto. Non é necesario a inscrición previa e a entrada e saída dos mesmos será libre, permanecendo na actividade o tempo que cada asistente considere necesario dentro do horario previsto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com