Afundación presenta un novo curso de cociña infantil

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta un novo curso de cociña infantil na súa sede de Lugo (praza Maior, 16). Durante o mes de xuño impartirase o curso «Minichefs celebran un verán de película». Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, será impartido por Vanessa Sende o mércores 19 e o xoves 20 de xuño en horario de 18.00 a 20.00 h. As inscricións pódense formalizar na web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

Os asistentes aprenderán a elaborar receitas inspiradas en recoñecidas películas infantís. Cociñarán o sushi dos Monstros S. A.; espaguetes con albóndegas da Dama e o Vagabundo; galletas máxicas de Alicia no País das Marabillas e galletas de Rapunzel.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com