Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración con Cáritas, puxo en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos no seu Espazo +60 de Monforte de Lemos (Cardeal Rodrigo de Castro, 18). Durante todo o mes de maio, os socios do centro recollerán as doazóns de galletas, cereais, leite ou cacao en po, destinadas aos almorzos e merendas dos nenos e nenas de familias en risco de exclusión social. Con esta iniciativa preténdese paliar o problema que supón para moitas familias o peche dos comedores escolares durante as vacacións.
A iniciativa enmárcase na oferta de actividades da área de Envellecemento Activo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, que permite ás persoas participantes atopar nesta etapa vital novas oportunidades de crecer persoalmente, de seguir formándose, en contacto cos temas emerxentes e achegando activamente á sociedade, á vez que se goza de boa saúde.