AGE e EU en contra do desmantelamento do xulgado de instrución 1 de Lugo

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e coordinador comarcal de EU Lugo, Ramón Vázquez, anunciou a presentación dunha iniciativa rexistrada hoxe no Parlamento de Galicia para evitar o desmantelamento do xulgado de instrución 1 de Lugo.

Nos últimos meses, o xulgado de instrución número 1 perdeu, sucesivamente, o Xuíz de reforzo que tiña adscrito, á secretaria titular e máis recentemente dúas funcionarias dependentes da Xunta de Galicia.

Para EU resulta unha evidencia que axilizar as causas xudiciais e combater a corrupción investigada polos xulgados lucenses require contar con máis medios. Por contra, segundo denuncia o responsable de política local de EU, Carlos Portomeñe, o PP a traveso da Xunta de Galicia “somete ao Xulgado nº1 a un estrangulamento premeditado e alevoso para matar por asfixia as operacións en marcha”, sempre “cunha finalidade estrictamente política”.

A devandita iniciativa, presentada pola portavoz parlamentaria e cordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, e Ramón Vázquez, insta ao Goberno Galego a dirixirse ao Consello Xeral do Poder Xudicial co fin de nomear novamente un xuíz de reforzo para o xulgado nº1 de Lugo, e que se complemente cun cadro de persoal equivalente a un xulgado de número, é dicir, tres xestores, tres tramitadores e un auxilio xudicial.

A iniciativa pide por último, que en tanto non suceda o nomeamento do novo xuiz, se repoña de inmediato a situación anterior, dirixíndose á Comisión Mixta e á Dirección Xeral a fin de que revogue a resolución de cese.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com