Agro do Rolo contará cunha zona de lecer e de esparexemento

O Goberno Local continúa cos trámites para a humanización da praza Agro do Rolo, onde a veciñanza gozará dunha zona de lecer e de esparexemento. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este luns que esta mesma mañá tivo lugar a Mesa de Contratación para a apertura dos sobres de documentación administrativa e ofertas económicas do proxecto de humanización desta praza, que se adxudicará definitivamente en Xunta de Goberno.

Para a rexedora, trátase “dunha obra moi importante e imprescindible para o desenvolvemento da zona norte da cidade”, que acomete o Concello integramente con fondos propios ante a negativa doutras administracións de colaborar, co que ademais se busca o crecemento de Lugo, “que é o interese que ten este Goberno”, segundo asegurou a rexedora.

Con este proxecto lograrase que esta superficie de 4.235 metros cadrados se converta nunha zona de lecer, coa instalación dunha zona de xogos cuberta, duns 230 metros, unha zona verde, ubicada no lateral da praza, que consistirá na creación de tres camiños peatonais que comuniquen a praza coa rúa Anselmo Sanpedro, con bancos; e a zona central, onde o Concello colocará bancos e mobiliario urbano e plantará árbores. Os traballos, valorados nuns 305.800 euros, terán un prazo de execución de 4 meses.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com