A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo, a Asociación de Gandeiros Agromuralla e a Plataforma Galicia Baleira -que aglutina as Federacións de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo e Limiar da provincia de Ourense-, mantiveron unha reunión conxunta para tratar a grave situación que están a atravesar nestes momentos os gandeiros -e máis concretamente os da provincia de Lugo- co incremento dos prezos do cereal e do combustible.
A demanda máis clara é a de lograr uns prezos xustos para o leite e a carne.
A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo -encabezada polo seu Presidente, D. Jesús Vázquez Varela- e a Plataforma Galicia Baleira, apoian de forma rotunda as demandas da Asociación Agromuralla a este respecto, e procederán a organizar accións conxuntas con ela, a fin de facer cumprir a Lei da cadea alimentaria. “Os consumidores teñen dereito a acceder a produtos de calidade a prezos dignos”, argumentan.
Para a provincia de Lugo, os sectores agrícola e gandeiros son fundamentais, e non consentiremos a situación á que están a ser sometidos na actualidade.