Agromuralla pon fin á tractorada

Despois dunha longa asemblea, que durou máis de 5 horas, os socios de Agromuralla decidiron abandonar a tractorada. Así o confirmou hai uns minutos a este medio Odón Castro, un dos membros da asociación. Foi unha decisión difícil, na que non contaron con unanimidade, pero finalmente a voz da maioría impúxose. Os gandeiros consideran que a resolución da Subdelegación do Goberno non é máis que unha forma de convidalos a marchar, xa que a presenza dos tractores perdería forza e visibilidade ao quedar reducida a un só carril, e iso sempre que quedasen libres outros dous para a circulación, o que nalgúns tramos da muralla implicaría a súa desaparición.

Os tractores acenderán de novo os seus motores o próximo venres, apurando ata o final o prazo posto pola Subdelegación para que Agromuralla cumpra a resolución e reestruture os vehículos. Volven ás súas granxas decepcionados, pero queren deixar claro que a súa marcha non é unha rendición, senón un cambio nas súas estratexias para conseguir o seu fin principal: un prezo xusto polo leite que garanta a continuidade das explotacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com