Agüeira Project abren este domingo o Sons do Solpor no Eido Dourado de Barreiros

O espazo artístico Eido Dourado, situado a carón da praia da Pasada, en Barreiros, comeza este domingo, 15 de xullo, o seu ciclo de concertos Sons no solpor, coa actuación de Agüeira Project. Será a partir das 22:30 horas. Tamén volverán nuns días as queimadas proletarias mesturadas con música de raíz no Cámping Gaivota.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “as actividades van empezar este domingo próximo, día 15, cun concerto. Vai haber un concerto como sempre, a partir das dez e media, coa caída do sol, que abrirá o ciclo musical Sons no solpor do Eido Dourado. Imos escoitar un proxecto novo chamado Agüeira Project. Podemos dicir que despois dunha exitosa carreira musical, o guitarrista alemán Reinhold aséntase definitivamente, creo que no 2005, en Santalla de Oscos á beira do río Agüeira. Establece un hotel rural, La Casona Cantiga del Agüeira, retoma e compaxina a súa actividade profesional como profesor de guitarra na Escola Municipal de Música de Vegadeo, onde coincide cun grupo de compañeiros docentes. Poderíamos dicir que destas xuntanzas xurde Agüeira”.

Dourado comentou que “é unha agrupación composta por máis ou menos seis músicos que fan unha fusión de diversas músicas entre elas a bossa nova e o jazz. É un proxecto de recente creación para min marabilloso, que case se vai estrear aquí no Eido Dourado”.

E engadiu que “este ciclo de concertos se vai prolongar ata case finais de agosto. Iniciase co proxecto de Agüeira Projet e rematan coa Banda da Loba alá polo 19 de agosto. Cando facemos a programación do Eido Dourado sempre vai acompañada coas actuacións que celebramos no Cámping Gaivota os venres. Hai que lembrar que neste ano o Eido Dourado cumpre dez anos e o Cámping Gaivota cumpre trinta. Estamos na celebración do trinta aniversario, e a partir do venres seguinte iniciaremos practicamente todos os venres, ata finais de agosto, outro ciclo de músicas que poderemos visitar, ver e escoitar nas terrazas do Cámping Gaivota”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com