AJE LUGO celebrará o vindeiro sábado 13 de novembro un taller de marca persoal no contexto da empresa. O obradoiro terá lugar no Casino de Monforte en horario de 10.00 a 14.00 horas. A encargada de impartilo será a Coach Candy Rodríguez de Finca del Carmen. A entrada será de balde con previa inscripción.
Este taller ten como obxecto dar a coñecer a importancia que ten a imaxe dentro da empresa, xa que non é só un aspecto senón que é unha proxección dos valores da empresa. Por elo, traballarase, entre outras, en descubrir cal é o verdadeiro talento da empresa, averiguarase o factor diferenciadr para levar a cabo un plan de impulso, así como a pegada que se deixa nos clientes e as razóns de porque elixen traballar con esa empresa.
Os empresarios e emprendedores interesados en asistir a este evento deben inscribirse chamando ao 982 224 699 ou enviando un correo electrónico cos seus datos ao enderezo da asociación: info@ajelugo.com