AJE Lugo organiza unha segunda edición do taller de Intelixencia Emocional orientado ao empresariado. Tras o éxito completo do primeiro taller e ante a demanda por parte dos empresarios e emprendedores, a asociación decidiu levar a cabo unha segunda edición. Nestes talleres trabállase o desenvolvemento das emocións craves na xestión do cambio e a consecución de obxectivos.
O taller terá lugar o próximo 3 de abril no Centro Clínico 9, sito na cidade de Lugo, na rúa Dinán, número 9, baixo, en horario de 19:00 a 21:00 horas. A coach Candy Rodríguez, especialista en Eduación Emocional, será novamente a encargada de impartir este taller, que é totalmente gratuíto para todos os empresarios e emprendedores que desexen participar.
Os empresarios e emprendedores interesados en participar neste taller poden inscribirse chamando ao 982.22.46.99 ou enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a info@ajelugo.com.