A Asociación de mozos empresarios (AJE Lugo) celebrará o vindeiro xoves, 14 de novembro, a Gala VI Premio AJE Lugo, que terá lugar a partires das 19.30 horas no Vello Cárcere. Este evento ten como obxectivo premiar o labor de aqueles emprendedores e mozos empresarios que, co seu esforzo e dedicación, contribúen a crear riqueza e xerar emprego na provincia.
Estes galardóns supoñen para os gañadores, o seu recoñecemento así como a proxección da súa actividade empresarial a través de medios de publicidade. Ao mesmo tempo, serve de exemplo de superación para a xuventude lucense amosando que o autoemprego e a innovación é outra posibilidade de traballo. Ademáis, os gañadores recibirán un cheque para gastos de consolidación e unha beca de formación.
Mañá, martes día 12, será o último día para presentar as candidaturas que cumpran os requisitos expostos nas bases. Pódense presentar enviando un correo electrónico con la documentación requerida en las bases a premio@ajelugo.com.