Alba Messa presentará no San Froilán o seu primeiro disco ‘Valiente’

A actriz e cantante lucense, Alba Messa, presentará este domingo, no marco das festas patronais, o seu primeiro disco Valiente. Messa plasma no seu traballo a súa defensa polos dereitos dos animais; en especial, no seu primeiro single, que xa dispón de vídeo, Lobos.

A lucense Alba Messa, que estivo presente, dende moi nova, na pequena pantalla, creou unha corriente nas redes sociais coñecida como ‘Manada Valiente’, deseñando unhas tatuaxes temporales, ou calcomanías, onde a xente podía apoiar o seu proxecto ‘tatuándose’ un lobo. A artista aúna no seu primeiro traballo valores, tendencia e arte.

O seu primeiro EP sairá a venta o vindeiro 23 de outubro pero este domingo, día 8, Alba Messa ofrecerá aos lucenses e visitantes un concerto de balde, no San Froilán no que presentará o seu novo traballo.

Traxectoria

Alba Messa é unha artista multidisciplinar, cunha extensa traxectoria como actriz e cantante. Empezou participando en concursos televisivos como Menudas Estrellas e VeoVeo e con 17 anos xa protagonizaba o musical Sesfebú a nivel nacional.

A rama interpretativa da lucense destacou en películas como Summertime, dirixida por Norberto Ramos del Val, series como Isabel (TVE) ou Ciega a Citas (Cuatro). Puidémola ver tamén no rol de Jane no musical de Tarzán co que leva un ano e medio de xira por España.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com