O Ministro de Asuntos exteriores José Manuel Albares e José Ramón Gómez Besteiro, candidato ao Congreso polo PSdG, mantiveron unha xuntanza con empresarios e sindicalistas da provincia onde o ministro declararou que “o Goberno de Pedro Sánchez pon a Galicia e a Lugo na axenda da presidencia europea, no centro da UE, e por iso gustaríame celebrar co mundo empresarial o importante que é que un goberno como o actual sexa un goberno que lidera en Europa”. Iso é moi importante, dixo, “sobre todo para os empresarios que están aquí, que fan operacións exteriores lonxe da nosa comunidad, tanto en Europa como fóra de Europa”.
Pola súa banda o cabeza de lista ao Congreso sinalou que “por primeira vez Galicia ten un protagonismo sen parangón na recente historia de España con actos que a vinculan coa UE, con actos relacionados coa pesca, co Ecofin, coa demografía ou coa despoboación como o que albergará Lugo no mes de setembro… Galicia vai ser protagonista tamén dese semestre europeo no que Pedro Sánchez e o Goberno de España presiden a UE”, subliñou.
Nesta liña, resaltou a importancia do debate que terá lugar na cidade no mes de setembro “centrado sobre un problema que levamos defendendo os socialistas dende hai tempo; as consecuencias do envellecemento poboacional e do despoboamento. Unha cita internacional que terá lugar na nosa terra e que é un tema absolutamente esencial nesta provincia” .
“Creo que é un debate interesantísimo e forma parte das patas do goberno de Pedro Sánchez: entender o mundo fóra de Madrid dun xeito distinto, entender o mundo das comunidades autónomas dun xeito distinto”.
Albares fixo un chamamento a todos os lucenses progresistas para que o 23 de xullo a papeleta que escollan sexa a do PSOE: “Só hai unha papeleta que poida frear un goberno dunha dereita radicalizada en coalición coa ultradereita e esa é a papeleta do PSOE” . O Ministro de Asuntos Exterior apelou “ás persoas sensatas, ás persoas moderadas que non queren ver ministros de extrema dereita no goberno de España e sobre todo non queren ver ideas que nos van a sacar, agora que somos presidencia da UE, da centralidade de Europa”. Tras a reunión, autoridades, candidatos e empresarios fixeron un percorrido polo centro da cidade.