No día de hoxe, o CD Lugo e o xogador Albert Dalmau acordaron a rescisión de contrato que unía a este último coa entidade. Dende o CD Lugo agradecen “os servizos prestados durante o tempo en que vestiu a camiseta do club, así como o seu comportamento profesional e disposición positiva en todo momento. Deséxaselle a maior das fortunas, tanto a nivel persoal como profesional nos seus próximos proxectos”.
Doutra banda, Mario Barco e Sergei Leuko comezaron hoxe a súa tempada en calidade de cedidos da UD Somozas. Ambos os dous xogadores, cuxo compromiso co CD Lugo se estende por varios exercicios buscarán a obtención de minutos no cadro do Municipal Alcalde Manolo Candocia na xornada de mañá.