A Alcaldesa autoriza a contratación urxente da demolición do edificio derrubado en Camiño Real

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinou esta mañá un decreto no que autoriza a contratación urxente dunha empresa para demoler de maneira inmediata o edificio número 42 da rúa Xulia Minguillón (esquina con Camiño Real), cuxa cuberta se veu abaixo na mañá do pasado mércores, por presentar un grave perigo de novos desprendementos e polo tanto risco para a cidadanía, segundo os informes técnicos do servizo municipal de Arquitectura, que declarou o edificio en ruína técnica inminente.

Deste xeito, os traballos de demolición comezarán de maneira inmediata, en canto a empresa contratada poida facelo, xa que debe nomear unha dirección de obra, coordinación de seguridade e saúde e presentar o Plan de Seguridade e Saúde. Os custes das obras de demolición serán repercutidos aos propietarios do inmoble.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com