A alcaldesa comeza as xuntanzas coa veciñanza para mellorar o transporte público

Máis de trinta persoas participaron nesta primeira reunión, que se celebrou no Centro Social Díaz Castro, situado no barrio da Abella, e a que asistiu, ademais da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o voceiro municipal, Miguel Fernández, e os Concelleiros de Educación e Benestar Social, Manuel Núñez e Ana Abelleria, respectivamente; a reunión posta en marcha polo Concello dentro da capaña Móvete por Lugo, recolleu as recomendacións e propostas dos veciños e veciñas da cidade para mellorar o transporte público de viaxeiros e adaptalo á realidade social e económica da cidade, para facelo máis accesible aos usuarios.

A xuntanza, caracterizada polo dinamismo e participación dos asistentes, os veciños fixeron achegas relacionadas principalmente cos percorridos e as paradas.

O Concello puxo en marcha esta campaña para reorganizar de xeito global as liñas do bus urbano, aproveitando o novo contrato do transporte. Ademais desta ferramenta de participación, os lucenses poden achegar propostas a través do correo electrónico creado especificamente para esta campaña: moveteporlugo@concellodelugo.org, ou ben a través de www.lugo.gal, ou do Servizo de Atención Cidadá 010.

Tras a reunión no barrio da Abella, a Alcaldesa reunirase coa veciñanza dos barrios da Residencia; A Milagrosa; Sagrado Corazón; Fontiñas; Fingoi; A Piringalla e Garabolos; As Gándaras; A Ponte, e o Ceao. O Concello informará puntualmente de todas as reunións na súa páxina web – www.lugo.gal– e nas redes sociais.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com