A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo hoxe unhas declaracións nas que confía en poder aprobar axiña, os presupostos deste ano.
A preguntas dos xornalistas a rexedora declarou “seguimos confiados en que imos aprobar os orzamentos, que é un instrumento importantísimo para o bo funcionamento do Concello”.
Nas negociacións, no que temos falado, no dialogo e no consenso cos outros grupos políticos e das propostas que os mesmos presentaron e que imos ter en conta nos orzamentos.
A alcaldesa non quixo poñer unha data definitiva para telos aprobados, pero agarda que sexa no menor tempo posible.