A alcaldesa inaugura Toys’R’us, que creará 25 postos de traballo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o voceiro municipal, Miguel Fernández, asistiron este sábado, no Centro Comercial As Termas, á apertura da tenda Toys`R`Us, que conta cunha sala de vendas de 800 metros cadrados, na que se comercializarán uns 3.600 artigos. Trátase do terceiro establecemento desta cadena en Galicia, tras o da Coruña e Vigo, e a tenda número 53 desta multinacional en España. Ao acto tamén asistiu o director xeral desta marca, Jean Charretteur. Neste novo establecemento crearanse 25 postos de traballo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com