A Alcaldesa inaugura as xornadas sobre o sector lácteo no Pazo de San Marcos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou esta mañá, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, as xornadas Evolución do mercado lácteo na Unión Europea e Negociación Colectiva, organizada por Unión Leiteira Galega (ULEGA), en colaboración coa Deputación de Lugo e Sabadell. Con esta xornada, que englobou as ponencias Evolución do mercado lácteo en Europa e a súa repercusión nos produtores galegosAs relacións entre as partes: indexación de prezos e instrumentos de negociación e Negociación colectiva: o papel das organizacións de produtores e modelo organizativo; preténdese abrir o debate sobre o potencial que pode ter a negociación colectiva na situación de prezos pola venda do leite.

No acto, a rexedora amosouse orgullosa de que Lugo acolla este encontro que aborda unha panorámica “dun sector imprescindible para Lugo, como é o lácteo”. Nesta liña, Méndez lembrou que en Lugo funcionan unhas 400 explotacións gandeiras, ocupando a zona rural o 80% do territorio do municipio, no que reside o 20% da poboación. Así mesmo, manifestou que se ben é certo que hai un mellor panorama que hai un ano neste eido, queda moito por facer, de aí a importancia de organizar xornadas deste tipo.

“Se o sector lácteo e ao primario lle vai ben, a Lugo vaille ben”, concluíu a Alcaldesa, ao tempo que lle desexou aos organizadores e asistentes un fructífero encontro.

Pola súa banda, Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, explicou que con estas xornadas buscan facer unha análise do sector. Na súa intervención, García falou das fluctuacións dos prezos do leite; “nos queren acostumar a que cando baixe o precio se baixa de xeito inmediato e ata a parte máis fonda; e que cando sube, vaino facendo de forma moi lenta ata o punto en que seguimos ano tras ano denunciando o diferencial que hai de España respecto a Europa e de Galicia respecto a España, de case 2 céntimos”. García explicou que o prezo ao que cobran as industrias polos seus produtos non se corresponde co que lles chega aos produtores.

Unións Agrarias asegura que tras a análise do presente e o futuro desta situación, darán un paso máis alá. Tras a creación, fai cinco anos, das organizacións de produtores que tiñan como fin dar a voz aos gandeiros conclúen que “a experiencia demostra que a industria non quere negociar con nós”, polo que tomarán medidas “máis coercitivas”.

O obxectivo final deste encontro será crear equipos negociadores por empresas, sectorializar a organización de productores para poder negociar industria por industria unha renovación de contratos. “Ata agora tiñamos unha estrutura máis horizontal, de que era o mesmo equipo negociando con todos; agora, vamos a sectorializar a organización de Produtores que é a máis grande de España”, explicou Roberto García. 

O que pretenden con estes equipos é extender ao mundo agrogandeiro a negociación colectiva que está instalada no resto de sectores do mundo laboral. Roberto García quere saber que empresas cumprirán a lei e se sentarán a negociar; dar ferramentas desde a administración para que esa lei se cumpra e poñer o foco non só no prezo base, senón tamén nos importantes descontos nos que as industrias se baseaban para rebaixar este prezo.

Este mesmo acto se repetirá na Coruña e en Pontevedra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com