A alcaldesa Lara Méndez exerceu o seu dereito a voto, como estaba previsto, ás 12 da mañá no seu colexio electoral, situado no Fogar do Maior na Praza da Milagrosa e unha vez rematado o seu labor como electora, fixo unhas declaracións á pregunta , de como pensaba que lle irá ao seu partido nas eleccións de hoxe. A alcaldesa aseverou que” ten boas vibracións e agarda uns bos resultados” ao tempo que subliñou “sobre todo para que se produza o cambio”.
Á pregunta de se será necesario ir a unas terceiras eleccións, Méndez dixo que agarda que iso non sexa así e remarcou o necesario que é “que se conforme un goberno, canto antes e que sexa “o do cambio”.