Lara Méndez participa na Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros da Corporación Municipal, recibiu este domingo na Casa do Concello ao rexedor de Ourense, Jesús Vázquez, que este ano foi o responsable de facer a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, como Delegado Oferente.

A Ofrenda vense realizando na cidade dende o ano 1669 por parte dos representantes das sete capitais do antigo Reino de Galicia. Este acto solemne realízase só en Lugo, aínda que cada ano é unha das cidades a encargada da ofrenda. Ademais de Lugo e Ourense, participaron outras cidades do Antigo Reino de Galicia, asistindo representantes de Betanzos, Mondoñedo e Tui, das Deputacións Provinciais, autoridades galegas e tamén locais.

Despois da Ofrenda, que tivo lugar na Catedral de Lugo, realizouse a procesión polas rúas da cidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com