A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este venres, xunto á Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, as festas do San Froilán, no marco de difusión das festas galegas declaradas de interese turístico, tanto galego como nacional, na 37ª Feira Internacional de Turismo (FITUR). No acto, difundiuse unha proxección “da gran festa patronal de Lugo, dunha cita moi especial e importante para a cidade, de marcado carácter popular”, tal e como a definiu Méndez, quen aproveitou para destacar o sabor tradicional, sen por iso renunciar á modernidade desta cita, que ano tras ano pon en valor a riqueza patrimonial, histórica e gastronómica da cidade.
Tras o seu paso por Fitur, Lara Méndez, confía en que “a campaña presentada en FITUR, a segunda edición de Ven, é Lugo, que tivo gran receptividade por parte dos visitantes e que promovía ao municipio como sostible, integrador, accesible, hospitalario e aberto a todos; incremente tanto os bos resultados turísticos, como a imaxe e a autoestima de Lugo, porque non hai un só motivo polo que non acudir a Lugo, senón que hai 98.134 motivos polo que facelo, os seus veciños e veciñas, xunto ao seu patrimonio cultural, histórico e gastronómico, segundo defendeu a rexedora nesta feira”.
Para a Alcaldesa, que Lugo teña presenza nesta feira, considerada de referencia no sector turístico tanto a nivel como internacional, con máis de 230.000 visitantes, “abre novas perspectivas para difusión e promoción do municipio”.
A rexedora e a edil aproveitaron ademais para estar achegarse ao stand de Cemiterios Vivos, onde Lugo tamén tivo presenza nesta feira co Cemiterio Municipal de San Froilán.