A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu onte no Salón de Plenos do Concello aos alumnos e alumnas que participan en intercambios con sendos centros educativos da cidade: o do IES Xoán Montes con Lise Diwan, da Bretaña Francesa, e o do IES Sanxillao con Spranger Gymnasium de Landau in der Pfalz, de Alemaña. A rexedora deu a benvida aos mozos e mozas franceses e alemáns, e convidounos a que fagan de embaixadores da cidade no seu lugar de orixe.
