A Alcaldesa recibe á nova directiva de AJE Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns á nova directiva da Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, AJE Lugo, presidida por Mauricio Repetto, quen estivo acompañado pola vicepresidenta do colectivo, Carmen Figueroa, o secretario, Yago Varela e os vogais, Isabel Lozano e Alberte Pérez. O novo equipo directivo foi elexido o pasado mes de decembro.

No encontro, a rexedora, quen felicitou á nova directiva e lle desexou unha etapa chea grandes proxectos, trasmitiulle aos representantes de AJE a predisposición do Goberno de continuar afianzando lazos de colaboración entre Concello e asociación e afondar na búsqueda de sinerxias para sacar adiante e materializar novas iniciativas.

Nesta liña insistiu Repetto, que manifestou a vontade do colectivo en participar no desenvolvemento da cidade ao tempo que agradeceu a rapidez e a disposición coa que a nova directiva foi recibida pola rexedora luguesa.

Tras a xuntanza, Lara Méndez subliñou a importancia do tecido empresarial para a sociedade e o apoio do Concello para facilitar e consolidar o labor dos emprendedores  e empresarios de Lugo, así como a envergadura de AJE Lugo, un colectivo formado por máis de 70 empresarios da provincia.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com