A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e outros membros da Corporación Municipal, e demáis autoridades, asistiron hoxe á presentación da tempada deportiva 2017/2018 do club de voleibol Emevé, que tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes.
No transcurso do acto, Lara Méndez desexoulle tanto club como a todos os seus aboados e afeccionados moitos éxitos nesta nova tempada, porque “os éxitos do Emevé serán os éxitos de Lugo”.
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, tamén participou na presentación. O organismo provincial concedeu unha axuda de 70.000 euros ao Emevé, o club referencia do voleibol da provincia.