Alcaldía convoca a Comisión de Seguimento do convenio do Auditorio entre Concello e Xunta para avanzar na recepción do inmoble

Técnicos do Concello de Lugo e da Consellería de Medio Ambiente mantiveron hoxe unha reunión no novo Auditorio, que foi convocada polo propio departamento autonómico tras a carta remitida pola alcaldesa Lara Méndez á conselleira Ánxeles Vázquez, na que lle trasladaba a necesidade de que se reunisen os equipos técnicos co fin de acelerar a recepción do edificio e as súas instalacións.

Nesa mesma carta, a rexedora lle fixera chegar as consideracións recollidas polos técnicos da administración local nun informe que foi encargado pola concelleira de Gobernanza e Patrimonio, Paula Alvarellos, área na que recae a inclusión deste inmoble no patrimonio municipal, co fin de axudar a axilizar a súa recepción e que esta se produza con todas as garantías segundo as condicións prescritas no proxecto.

Tras a reunión mantida na mañá de hoxe, na que os técnicos municipais deron traslado de maneira máis directa das necesidades que contempla o documento, o Concello de Lugo convocou a Comisión de Seguimento do convenio, de carácter político-técnico, co fin de seguir avanzando nas verificación das obras.

Ademais, desde a administración local se pide á Consellería que se facilite a documentación técnica para poder valorar as últimas actuacións efectuadas no novo Auditorio. Tamén se insta a que técnicos de ambas as dúas administracións visiten as obras para que os distintos servizos poidan emitir os informes correspondentes.

O obxectivo da rexedora é tender a man á Xunta de Galicia para poder dar pasos con garantías técnicas para que a recepción do Auditorio sexa pronto unha realidade xa que, tras trece anos de espera, Lugo segue a ser a única das grandes cidades galegas que aínda no dispón dun colector cultural desta envergadura.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 02, 2019 - 04:55 PM

    Sen rempo non he! Cando se abra pasara outro ano ou dos, para arranxar os defectos. Casi que mellor que non fagan nada!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com