ALCOA, a hora da política con maiúsculas

EDITORIAL

Non queda outra, estamos na hora da política con maiúsculas. Non pode haber escusas, nin estar tentados en facer oposición por conta do máis grave problema da provincia de Lugo, quizais dende a desaparición de FRIGSA.

É, neste momento, cando se demostra altura de miras. Nesta ocasión, os partidos políticos máis sobranceiros da provincia teñen responsabilidades de goberno ou axudaron, co seu voto, a acadar dito poder.

PSOE, xunto con Podemos, Esquerda Unida están á fronte do goberno  grazas, entre outros, ao apoio do BNG na investidura. O PP na Xunta de Galiza e nos concellos de Xove e Cervo. Na Deputación, PSOE e BNG comparten o mando; están todos. Coidamos que non debería haber grandes atrancos.

Non pode haber escusas, nin a menor dúbida, só asunción de responsabilidades. E estas teñen un denominador común; ¡¡SALVAR ALCOA¡¡

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Antonio Fernandez
    Xuñ 08, 2020 - 06:04 PM

    Hay que luchar por el pan de vuestros hijos
    Fuerza.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com