O capitán do CD Lugo, Carlos Pita, que volveu esta semana ao traballo co equipo, compareceu esta mañá en rolda de prensa. Carlos valorou a súa evolución, así como a previa do partido ante o AD Alcorcón. O CD Lugo visita o vindeiro luns o Santo Domingo, un campo no que todavía non conseguíu victorias en Segunda División, tal e como recoñeceu Pita: “sempre é un campo que se nos da bastante mal. Eu creo que non gañamos alí nunca un partido, como moito empatar”. O capitán lembrou tamén como se achegaron á victoria fai un par de anos, no que os albivermellos sufriron un gol no minuto 90 que conseguiu o empate. No que respecta ao Alcorcón, o capitán do Lugo teno claro: “Eles sempre foron un equipo máis de segundas xogadas e alí, as medidas do seu campo as teñen moi ben ou están moi adaptados a ese xogo e sempre nos costa máis, pero imos coa ilusión de tratar de cambiar a dinámica que temos nese céspede”.
Un Alcorcón que, ademáis, e segundo anunciou o propio Pita, sufriu un forte cambio na súa inercia de resultados, nas primeiras xogadas “non encaixaban goles e non perdían”, certo é que nos últimos encontros parece que deron un cambio radical, o que Pita aclarou que pode tratarse de “as rachas da Segunda División”.
“É un equipo que ten grandes xogadores e creo que ao mellor teñen un pouco de falta de confianza agora. Eu, se ao principio da tempada, me dis un dos equipos que podían estar na pelexa, eran eles”, asegurou Pita quen adiantou: “creo que é un equipo que é moi complicado gañarlle, sobre todo no seu campo. Vai ser un partido moi complicado, como son sempre alí”.
Carlos volvía ao traballo en grupo a semana pasada tras unha lesión que recoñeceu como unha das peores da súa carreira.