A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín emitido o día de hoxe dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, por mar combinada do NW de 5 a 6 m, aumentando a 6-8 m pola tarde, e ventos de componente W de 50 a 61 km/h (FORZA 7), ocasionalmente de 62 a 74 km/h (FORZA 8), que afectará a partir das 00:00 horas do día 22/02/2024, ao ámbito da Mariña e Noroeste da Coruña estendéndose a partir das 12:00 horas a todo o litoral galego.
Para tratar de paliar estes efectos da situación meteorolóxica adversa, cómpre adoptar as seguintes medidas de autoprotección:
Afastarse de praias, paseos marítimos, rompentes ou diques; Evitar navegar, nadar ou practicar deportes acuáticos;Non deterse a sacar fotografías; Aseguar a embarcación.