Meteogalicia informa de que a Mariña lucense atópase este venres en nivel laranxa por fortes ventos, onde esta madrugada se rexistrou na estación do Penedo do Galo en Viveiro, unha racha de 134km/h.
Todos os parques e paseos marítimos están pechados e ademais, no concello de Viveiro, están suspendidos todas as actividades ao aire libre.
Asemade os parques da cidade de Lugo tamén se atopan pechados por mor dos fortes ventos e alerta é amarela no resto da provincia.