O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, afirmou que os elementos de calmado do tráfico habilitados polo Goberno de Lugo compren coa normativa vixente para este tipo de elementos. O concelleiro di “que o PP de Lugo “non deixa de poñer en dúbida o traballo do persoal do concello de Lugo” e afirmou que “desde a concellería de Infraestruturas seguiremos traballando para que Lugo conte cun tráfico calmado e para garantir un bo nivel de seguridade vial”.
O concelleiro de Infraestruturas afirmou que a intención do Goberno de Lugo é “converter a Lugo nunha cidade segura, na que toda a veciñanza poida desprazarse a pé, en transporte público ou en coche”