Alfonso Rueda apela á unha maioría suficiente para que “o barullo do multipartito non interrompa o avance da Galicia que funciona”

O candidato do PPdeG, e presidente en funciós Alfonso Rueda, pediu onte en Vilalba o voto “para o seu partido o próximo 18 de febreiro para evitar que o barullo do multipartito non consiga interromper o avance da Galicia que funciona”.

Rueda estivo acompañado pola cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia e outros persoeiros do partido, durante o acto o popular asegurou que, “por moito barullo que faga o multipartito, Galicia ten que seguir sendo como é: unha Comunidade que crece como a que máis, que baixa impostos, que apoia máis que en ningún outro lugar ás familias e aos maiores, que é pioneira e líder en educación pública en todas as etapas e que é o destino favorito para turistas de todo o mundo.

Rueda explicou que “se Galicia funciona é porque hai un pobo unido e un goberno que está ao que ten que estar, centrado en resolver os problemas dos galegos e as galegas”.

Propuxo así unha Galicia que aposte polo seu sector primario e apoie ao rural e ao mar sen medias tintas, “na que os galegos sigan pagando menos impostos e conten cunha matrícula gratuíta en toda a educación e na que os maiores teñan os mellores coidados posibles e estean activos con propostas como o Bono Actívate”.

Para todo iso pediu o apoio que “sempre dá a provincia de Lugo ao Partido Popular e chamou aos seus a traballar sen dar un voto por gañado nin por perdido, con argumentos e cun programa para que Galicia gañe”.

Aproveitando a súa presenza en Vilalba, o líder dos populares galegos quixo ademais reivindicar a “figura de Manuel Fraga fronte a aqueles que queren quitarlle os honores na súa vila natal. Neste sentido reafirmou o seu orgullo por todo o que Fraga fixo por Galicia e asegurou que, por moito que outros o intenten, ninguén vai borrar a memoria aos galegos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com