Alfonso Rueda comprométese a seguir traballando por mellorar a vida dos lucenses e subliña “Non hai nada gañado”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reiterou hoxe ante a Xunta Directiva Provincial do PP de Lugo a necesidade de continuar ofrecendo estabilidade a Galicia e o seu compromiso de seguir traballando por mellorar o día a día dos lucenses, incidindo en que “non hai nada gañado”. Neste senso destacou a entrada en vigor esta mesma semana de novidosas medidas como a cota cero para os autónomos que inicien a súa actividade este ano 2024 ou o Bono Deporte.

Estas dúas iniciativas, subliñan os populares, tiveron unha gran acollida por parte dos seus beneficiarios, especialmente as familias con fillos de entre 6 e 16 anos federados que teñen desde este luns á súa disposición unha axuda de 120 euros para a realización de actividades deportivas ou a adquisición de equipamento en preto dun cento de establecementos de toda a provincia de Lugo.

 Pola súa banda, a presidenta provincial Elena Candia, quixo trasladar na súa intervención o “apoio incondicional” do partido na provincia ao presidente Alfonso Rueda: “Lugo sempre traballou e desta volta non será menos”.

Candia salientou tamén que o PP, e “a diferenza doutras formacións, ten unha estrutura unida que, por riba de todo, coloca á súa xente polo interese dos cidadáns, non polos intereses personalistas dun candidato que o único que lle preocupa son el mesmo e Pedro Sánchez”, concluía ao tempo que prometía unha campaña “auténtica” que “fale ao corazón da xente e aborde as súas preocupacións reais sen discursos baleiros”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com