Alfoz e O Valadouro conseguen que o Goberno inclúa os municipios na sinalización da A8

Os concellos de Alfoz e O Valadouro conseguiron, despois de solicitalo ao Goberno central, que os seus municipios aparezan a sinalización vertical da A-8. Así llelo comunicou a subdelegada de Goberno, Isabel Rodríguez, aos alcaldes, Jorge Val (Alfoz) e Edmundo Maseda (O Valadouro).

Isabel Rodríguez comunicoulles aos rexedores que o Goberno atenderá a súa xusta demanda, pola que levan moito tempo pelexando. “Felicitei aos dous alcaldes por este logro que levan anos reivindicando a inclusión de Alfoz e O Valadouro na sinalización vertical das saídas da Autovía A-8, unha demanda que este Goberno atende porque considera que se trata dun acto de xustiza que beneficiará sen dúbida a estes dous concellos da Mariña interior”.

A subdelegada explicoulles a Jorge Val e Edmundo Maseda que Fomento xa ten encargado o sinal que indicará cal é a mellor saída da autovía para viaxar ata os concellos de Alfoz e O Valadouro. No sinal, que indica a saída 536 da A-8, incluiranse os nomes das capitalidades dos dous municipios, indicación A Seara (Alfoz) e Ferreira (O Valadouro), xunto cos de Lourenzá e Mondoñedo.

A instalación da nova sinalización producirase logo das xestións feitas pola subdelegada do Goberno para dar cumprimento a unha demanda pola que os dous concellos levan agardando máis de catro ano. As Corporacións locais de Alfoz e O Valadouro adoptaron acordos plenarios en 2014 no que facían esta reivindicación para acabar coa marxinación dos dous concellos na sinalización da A-8 e, dende ese momento, os seus alcaldes realizaran
múltiples xestións con anterior Goberno que nunca atendeu as súas peticións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com