O Comité Clínico decidiuno e a Xunta vén de informalo: Galicia aliviará, dende este sábado, as restriccións impostas polo Goberno Galego para loitar contra o virus. Unhas restriccións que axudaron a estabilizar a situación e comezar a dobregar a curva desta sexta vaga. Así, a hostalería e o lecer nocturno comezan a liberarse de parte desa lousa que arrastran dende que comezou a pandemia; doutra banda, o Goberno galego avanzou xa tamén parte das medidas a ter en conta no Entroido.
Hostalería
Bares e restaurantes poderán volver a abrir as súas portas ata a 1 da mañá durante a semana e ata a 1.30 os fins de semana. Ademáis, poderase volver a consumir en barra e aumentarase o número de comensais por mesa ata os 8 no interior e os 15 no exterior e nas terrazas.
Lecer nocturno
Outro dos sectores máis afectados pola pandemia continará experimentando un alivio de restriccións. Así, os pubs e discotecas poderán abrir as súas portas ata as 4.30 horas nos días de semana e ata as 5 os fins de semana. Polo demáis, continuarán vixentes o resto de medidas como o uso de máscara ou respectar as distancias de seguridade.
Certificado Covid
O que si ten claro o Comité Clínico é que, polo momento, a petición do Certificado Covid será obrigatoria en todas as situacións nas que o é actualmente, como mínimo, ata o 29 de xaneiro cando remata oficialmente a última prórroga e sempre que non se ratifique de novo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Así, será obrigatorio solicitar o pasaporte covid en bares e restaurantes, concertos e espectáculos con público de pé sempre que haxa un mínimo de 200 persoas en interiores e 500 en exteriores ou se consuma comida ou bebida; tamén en ximnasios, albergues ou para acceder como acompañante de pacientes de hospitalización de día ou ingresados así como as visitas.
Concertos e espectáculos con público de pé
Poderanse celebrar este tipo de actividades sempre e cando se cumpran coas medidas de seguridade impostas, entre as que se atopan o uso de máscara, distancia de seguridade ou petición de certificado Covid. Non haberá limitación de aforo pero si se deberá marcar un aforo máximo tamén en espazos abertos.
Toque “de non queda”
O coñecido como toque de non queda que fai referencia á prohibición das xuntanzas entre non conviventes realizadas entre as 3 e as 6 da mañá, quedará suprimido na madrugada do 29 de xaneiro.
Entroido
Por último, a Xunta avanzou tamén parte das medidas que se tomarán para a celebración do Entroido. E é que, malia que dependerá, como é habitual, da evolución da pandemia, a Xunta si permitirá a celebración de desfiles, bnailes, espectáculos itinerantes, sempre e cando os concellos velen polo cumprimento das medidas de seguridade básicas. Tamén terán o 100% do aforo pero, malia que sexan espazos abertos, deberán ter un aforo máximo permitido.
Sempre se deberá utilizar a máscara e gardar a distancia de seguridade. Por outra banda, está prohibido fumar cigarrillos normais ou electrónicos durante estas actividades.
Xan 26, 2022 - 08:39 PM
A restricción mais acadia sería a do voto ao PP 😜😂