Alternativa Cidadá de Esquerdas manterá unha xuntanza con representantes de EU

Representantes da comisión de organización e membros da portavocía de Alternativa Cidadá de Esquerda, manterán mañá mércores, unha xuntanza con representantes de Esquerda Unida Lugo, para analizar as diferentes propostas programáticas e abordar as posibilidades de confluencia na configuración dunha candidatura de unidade popular para o Concello de Lugo.

Como punto de partida destes contactos, a formación achega setenta propostas establecidas como referencia cara ao achegamento con outras forzas políticas e sociais da cidade, para a configuración dun programa de Goberno para o concello de Lugo aínda en proceso de elaboración.

Alternativa Cidadá de Esquerda continuará esta rolda de contactos con outras forzas políticas, sindicais, veciñais e cívicas da cidade nos vindeiros días, de xeito paralelo á configuración da candidatura de unidade popular sometida ao correspondente proceso de primarias que presentará nas vindeiras eleccións municipais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com