Alternativa Cidadá de Esquerdas prosigue o contacto con outras forzas políticas

Alternativa Cidadá de Esquerdas mantivo a xuntanza prevista con representantes de Esquerda Unida. ACE e EU intercambiaron impresións sobre a actual situación económica, social e política do municipio, analizaron o documento de ACE “70 bases programáticas para un goberno de unidade popular” e examinaron a posible integración de EU nunha candidatura cidadá de unidade popular para o Concello de Lugo.

Na xuntanza, enmarcada na rolda de contactos que ACE está a manter coas organizacións e colectivos sociais do ámbito rupturista da cidade, os representantes de ambos os dous colectivos amosaron unha ampla sintonía na diagnose xeral do Concello e na necesidade de establecer un novo marco político para Lugo.

ACE e EU consideran urxente recuperar o Concello para a cidadanía, logo de décadas marcadas polas políticas neoliberais desenvoltas polos diferentes gobernos do bipartidismo . Así, coincidiron na necesidade dun  goberno municipal de cambio, capaz de levar adiante a imprescindible rexeneración democrática do Concello e de poñer a institución municipal ao servizo das necesidades reais da cidadanía lucense, especialmente afectada pola crise económica.

De feito, ACE e EU consideran prioritario establecer unha planificación global do municipio baseada, fundamentalmente, nun urbanismo racional e non especulativo, na primacía dos servizos público, na participación cidadá, na igualdade e na xeración de emprego, a potenciación da actividade económica e a erradicación da pobreza. Prioridades e principios básicos que deben desenvolverse, xa que logo, nun programa concreto de goberno para o concello de Lugo.

Alternativa Cidadá de Esquerdas continuará nos vindeiros días a rolda de contactos con outras forzas políticas, organizacións e colectivos sociais da cidade, de cara á configuración da candidatura de unidade popular que será sometida ao correspondente proceso de primar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com