Alumnos da Facultade de Ciencias de Lugo reciben o premio Extraordinario de Grao e Master

Catro alumnos da Facultade de Ciencias de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela recibiros os seus premios Extraordinarios de Grao e Máster tras finalizar os seus estudos no curso 2016/2017. Os alumnos premiados foron polo Grao de Nutrición Humana e Dietética os alumnos Nahuel Gustavo Picchi Figueira e Andrea Paola Román Eyo e do Grao de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais a estudante Tamara Gómez Sandamil.

En canto á concesión do Premio Extraordinario de Máster, a alumna galardoada foi María del Rocío López López, graduada en Enfermaría na Escola de Lugo e xa premiada anteriormente coa distinción O teu esforxo ten premio en Lugo 2015/2016. Esta vez, o premio extraordinario foi grazas á boa resolución do Máster de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental.

Grazas ao seu esforzo, estes alumnos recibirán unha certificación conforme ao modelo establecido pola secretaría xeral; ademáis se incluirá tanto no Título como no Suplemento Europeo ao mesmo, documentos que obterán sen taxas de expedición, tamén grazas a este galardón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com