Alumnos de 2º de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, realizarán mañá, mércores 1 de febreiro, un casting de actores para Hermetismos, unha das curtametraxes que realizan os estudantes como traballo fin de curso.
Para a gravación da curta “Hermetismos” precísanse actores e actrices de entre 15 a 30 anos. O casting terá lugar o mércores en horario de 17.00 a 20.00 na sede da Escola, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, a carón do antigo hospital de San José. Os interesados poden poñerse en contacto co equipo que realiza a selección a través da dirección de correo hermetismos.corto@gmail.com ou chamando ao 648623945
Gravación de “Hermetismos”
Para a rodaxe de “Hermetismos”, que terá lugar a finais de febreiro, os alumnos da Escola de Imaxe e Son contan co apoio do profesorado. O traballo inclúe a elaboración do guión, a produción, a gravación e posterior montaxe. Trátase dunha práctica formativa do Centro educativo para a cal os estudantes disporán de todos os medios técnicos necesarios co obxectivo de desenvolver o seu traballo a nivel profesional, e coa que se busca achegar ós alumnos ao mundo laboral.