Alumnos da TIC convocan un casting para un vídeoclip dos vilalbeses “Mi perro Vincent”

Alumnos e alumnas de 2º de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC convocan un novo casting de actores e actrices o días 8 e 9 de novembro na EIS. Neste caso, é para o vídeoclip da canción “Méteo no cu” do grupo vilalbés “Mi perro Vincent”, que realizarán os estudantes da TIC. Esta selección súmase á que xa fixeron os días 25 e 26 de abril para o vídeo promocional da nova canción da artista do Incio, Lucía Pérez.

Para a gravación do vídeoclip de “Mi perro Vincent” precísanse actores e actrices de entre 19 e 35 anos. O casting terá lugar o martes e mércores en horario de 16.30 a 20.30 na sede da Escola, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, a carón do antigo hospital de San José. Os interesados poden poñerse en contacto co equipo que realiza a selección a través da dirección de correo riquiñosproducciones@gmail.com ou chamando ao número 982 284 667.

Gravación do videoclip de Lucía Pérez

A gravación para o vídeoclip da canción “Tú sin mí” de Lucía Pérez será os días 22, 23, 29 e 30 de novembro. Os actores e actrices que participarán neste traballo audiovisual foron seleccionados entre os mozos e mozas de 25 a 35 anos que acudiron ao casting convocado hai unha semana.

Os dous videoclips que elaborarán os estudantes da EIS forman parte dos proxectos que realizan e producen durante o curso dentro dos módulos: Xestión de Proxectos de Cine, Vídeo e Multimedia; e Procesos de Realización en Cine e Vídeo.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com