A delegada territorial da Xunta en Lugo asistiu hoxe a unha práctica de campo realizada polos 15 alumnos que participan nun curso AFD sobre presentación de proxectos de obra civil. A práctica consistiu na realización dun levantamento topográfico do río Rato empregando para elo un escáner láser móbil, que constitúe unha ferramenta innovada que ven a sustituir aos métodos de estudio tradicionais de topografía clásica, como a estación total ou o GPS.
Na opinión de Raquel Arias esta actuación constitúe un exemplo do dobre obxectivo que perseguen as accións formativas para desempregados que financia a Consellería de Traballo e Benestar: proporcionar formación que se adapte ás necesidades e demandas do mercado laboral para acadar a inserción dos participantes no mercado laboral.
“Cando rematen a súa formación os alumnos obterán un certificado de profesionalidade que acreditará a súa competencia nesta materia. A idea é que as persoas que neste intre non contan cun posto de traballo poidan reciclarse ou complementar a súa formación con cursos de alto nivel de especialización que lles permitirá competir por reinsertarse no mercado laboral nas mellores condicións posibles”.
Este curso de presentación de proxectos de obra civil, de 618 horas, está subvencionado con algo máis de 52.000 euros pola Consellería de Traballo e Benestar dentro da liña ordinaria aberta ás empresas. Neste caso a empresa promotora é Estudios Rafer, un centro homologado pola consellería, que está a impartir outros dous cursos máis dentro da programación AFD, tamén de 618 horas de duración, sobre creación e xestión de viaxes combinados e eventos e xestión comercial de ventas.