Medio cento de alumnos de terceiro de primaria do colexio Salesianos Divina Pastora visitaron esta maña a Casa Consistorial, onde a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lles explicou, algúns aspectos sobre o seu labor e as responsabilidades que conleva o exercicio do seu cargo, cuestións sobre as que os nenos e nenas amosaron curiosidade e aproveitaron para formular variadas preguntas á rexedora, á que lle preguntaron como se toman as decisións nun Concello ou como se chega a formar parte da Corporación Municipal.