O Real Club Celta de Vigo e o CD Lugo acadaron hoxe un acordo para a cesión ata final de temporada de Álvaro Lemos. O xogador, que regresa dunha cesión no Racing Club Lens francés, afrontará a súa segunda etapa no CD Lugo, onde disputou 22 partidos na tempada 2015-2016.
A súa primeira etapa como Albivermello chegou tras pasar pola canteira do Real Club Deportivo e o Compostela. Lemos, ata entonces xogador de banda con excelentes dotes técnicas, reconvertiu a súa posición á de latelar dereito onde ofreceu un excelente rendemento no CD Lugo. Posteriormente, formou parte da primeira plantilla do Real Club Celta de Vigo e do Racing Club Lens.
Iriome e Fydriszewski, novas baixas do Club
O certo é que os albivermellos parecen ter enriba unha maldición, se o equipo xa contaba con algún lesionado na súa bancada, no último encontro entre o Lugo e a UD Almería, Francisco Fydriszewski retirábase do partino no minuto 36 debido a unha acción fortuita que acabou sendo unha rotura do ligamento cruzado anterior e o menisco interno que precisará tratamento quirúrxico, o que lle levará como mínimo 6 meses de curación ata a súa reincorporación ao equipo.
Pola súa banda, o xogador tinerfeño, Iriome González, tamén abandonou o terreo de xogo no minuto 80 do encontro co UD Almería tras unha entrada dun rival. Hoxe o club confirmaba que tras os estudos levados a cabo polos servizos médicos, o xogador conta cun esguince de ligamento no seu nocello dereito que precisará tratamento conservador e un periodo de recuperación dun mínimo de tres semanas.