Álvaro Santos adiantas as mocións que presentará no pleno da Deputación, que terá lugar mañá 27 de xuño

O deputado e voceiro de Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, adiantou que no pleno que se celebra mañá na Deputación de Lugo, presentará unha moción para instar á Xunta de Galicia á mellora e incremento económico dos plans de mellora de camiños municipais.

Santos denunciou que “67 concellos da provincia recibiron un 62% menos de investimento que en 2016, e que máis de 6 millóns de euros desapareceron da posibilidade de investir no rural”. Tamén criticou á Xunta de querer potenciar o rural pero de reducir cada vez máis os cartos para melloralo e de atacalo con recortes. Ademáis indicou que a Xunta de Galicia fai estes recortes porque ten unha axencia galega de desenvolvemento rural, chamada Agader, que ela mesma desprecia, polo que esta axencia ten que recorrer aos seus escasos fondos propios para atender aos investimentos no rural.

Por outra banda, Santos denunciou tamén, esta mañá a falta de transporte público entre os concellos da provincia de Lugo e a dificultade que teñen estes de chegar á cidade lucense.Destacou que se perderon 578 liñas de transporte en Galicia, das cales o 63% estaban na provincia de Lugo. Porque a provincia ten unha singularidade orografica, xeográfica, de distribución dos asentamentos pobocionais e demográfica moi peculiar.  En consecuencia, empresas, traballadores e concellos están levantados en contra do plan de transposte público de Galica, o que indica Santos como unha mostra de que a Xunta de Galicia está actuando mal.

Por último, o voceiro pediu á Xunta un novo plan de transporte e un proceso participativo, xa que hai concellos como o do Folgoso do Caurel que non poden chegar á capitalidade da provincia. Este novo plan de transporte presentarao o voceiro no pleno que se celebrará mañá na Deputación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com