Álvaro Santos cualifica ao edil de Ciudadanos Javier Vázquez de “irresponsable”

O Edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos ven de realizar unhas declaracións a propósito da petición do edil de Ciudadanos Javier Vázquez, para que o concello de Lugo esixira á empresa URBASER, concesionaria da limpeza, material de protección para os traballadores. A resposta do titular da área de Medio Ambiente declarou que, “primeiro, que todo o persoal do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo dispón dos Equipos de Protección Individual necesarios e adecuados tal e como recolle o propio protocolo do servizo”.

Proba disto , dixo, “é que en semanas anteriores o devandito servizo foi obxecto dunha inspección da que non se recibiu ningunha acta o que certifica que se desenvolve con corrección e de forma axustada á normativa. Engadir, ademais, que non se está a producir ningún tipo de incidencia no funcionamento normal do mesmo. Aclarar que, se a cidadanía aprecia algún tipo de diferenza entre o equipamento dalgúns traballadores ao respecto doutros, isto obedece ao tipo de tarefa que executan xa que, por exemplo, no caso daquelas persoas que acometen a desinfectan as rúas e o mobiliario urbano, estas deben ir provistas de fundas integrais mentres que o resto do persoal porta outro material de protección, como luvas, máscaras, pantallas etc acordes ao labor que desempeñan”.

Segundo Santos estas aclaracións “ fóronlle transmitidas hai días dende a concellería á propia portavoz do Grupo Municipal de Ciudadanos” polo que non cabe máis que “cualificar as declaracións efectuadas como unha grave irresponsabilidade ao tratar de provocar con elas un alarmismo social inxustificado sobre unha problemática que, eles mesmos saben, é inexistente”.

Álvaro Santos remata pedindo que “en calquera caso, se detectan algunha irregularidade, dende a área de Medio Ambiente lle solicitan e agradecen que a comunique, cos datos concretos da mesma, para poder corrixila coa maior celeridade posible”.


Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 29, 2020 - 04:53 PM

    Xa estas na prensa, non paras(trepa). Os EPIS que tenhen que ter por convenio, me imaxino que os terán sen problema. O que se rifire o concelleiro e as proteccións para este virus. Non te enteras?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com