Álvaro Santos di que a situación de Martínez non mudou

O Voceiro Provincial do Psdg Álvaro Santos realizou hoxe unhas declaracións a tenor da información que desimputa a Manuel Martínez nas que dixo,”alegrámonos polo arquivo provisional desta causa e por todas as persoas afectadas, ás que sempre defendemos e confiamos na súa inocencia pois, na Deputación, os socialistas sempre actuamos conforme a lei, primando os intereses dos veciños da provincia. Precisamente, isto é o que vén a demostrar o arquivo provisional desta causa”.

 Santos continuou “o arquivo provisional desta causa desenmascara, unha vez máis, ao Partido Popular de Elena Candia, que era quen estaba detrás desta falsa acusación. O PP de Candia só se dedica a xudicializar a vida política co único interese de danar ao Goberno da Deputación, aínda que isto prexudique á imaxe e ao funcionamento do organismo provincial, e, polo tanto, aos veciños da provincia. Demóstrase que o PP de Candia é capaz ata de recorrer á mentiras e anónimos para calumniar ao Goberno da Deputación, entorpecendo así a importante labor da xustiza”.  

Álvaro Santos quixo agradecer ao xuíz  do Xulgado de Instrución Nº1 que “actuase con esta dilixencia, pois a xustiza só é xusta cando actúa con rapidez e rigor, todo o contrario ao que, en ocasións, parece acontecer en Lugo, onde se acumulan centos de causas abertas dende hai tempo, e con moitísimas familias afectadas”.

O voceiro provincial socialista rematou dicindo que “co arquivo provisional desta causa non muda a situación do Deputado non adscrito, que optou por tirarse aos brazos de, precisamente quen o denunciou, é dicir, aos do Partido Popular, negándose a defender ao que era o seu partido e a todos os seus compañeiros. Cómpre lembrar que, antes do 24 de xuño, é dicir, antes de que Manuel Martínez lle dese o goberno da Deputación ao Partido Popular de Elena Candia, Darío Campos, nun acto de máxima xenerosidade, ata lle ofreceu a Manuel Martínez a cesión da Presidencia da Deputación, unha vez resolta a súa imputación. Martínez rexeitou este ofrecemento, e optou por pactar co Partido Popular, como fixo en reiteradas ocasións. No Pleno provincial de marzo, o Deputado non adscrito amosou novamente e de xeito público o seu apoio ao PP de Candia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com