Álvaro Santos Ramos Deputado de Relacións Institucionais, e Voceiro Provincial é o novo Secretario Xeral dos Socialistas Lugueses, logo de impoñerse ao alcalde de Castroverde José María Arias e a Tenente Alcalde de Burela Patricia Otero. O xa novo Secretario Xeral sacou máis votos que a suma dos outros dous candidatos.
Santos que declaraba a este xornal este venres “Eu comprométome a que os militantes serán os actores principais do partido na provincia e vou xerar os espazos para que todos poidamos sumar. Ese é o compromiso que asumo”, terá que poñerse mans á obra para facer que as/os militantes que o votaron a el e os que o fixeron polas outras candidaturas traballen xuntos a partir de mañá mesmo.