O CD Lugo presentou na xornada de hoxe ao seu delegado para o primeiro equipo de cara a a tempada que está a punto de arrancar.
O elixido foi unha das figuras de maior repercusión na historia do noso club nos últimos anos. Alvite, sinal da institución, xogador e capitán durante un longo período, volve ao que foi o seu club para ocupar o posto de delegado no exercicio 15-16.
Na súa presentación, acompañado polo Presidente, Tino Saqués, Alvite expresou a súa satisfacción polo retorno, mostrando a súa total predisposición á suma nun proxecto que une, unha vez máis, unha estrutura renovada, con elementos xenuínos e fundamentais da súa historia.