Ameijide: “dende o Grupo Provincial do PP defendemos manter o “Craega” en Monforte”

Dende o Partido Popular defenden que se manteña un equilibro territorial dos servizos polo que ven necesario manter o Consello reagulador da agricultura ecolóxica de Galicia “Craega” en Monforte: “os servizos hai que mantelos e garantilos”. Deputados populares piden a PSOE e BNG que recapaciten e afirman que consensuaron proposicións cos compañeiros da comarca e presentarán iniciativas no pleno da Deputación, para garantir a permanencia deste órgano en Monforte: “chama a atención que José Tomé dea as costas a unha entidade que está instalada no seu municipio”

“Non se poden abandonar as propiedades provinciais, deben de estar ao servizo de todos os veciños da provincia”, defenden os populares, en alusión á posible cesión dunha parcela do Pazo de Tor ao Craega.

Katy Varela esixe a José Tomé que “defenda aos seus veciños e non culpe á Xunta se non foi capaz de ofrecer as condicións necesarias para que o Craega decida quedar en Monforte e insiste en que tanto o PP como a Consellería de Medio Rural están a disposición do alcalde e do Consello Regulador para colaborar e evitar o posible traslado”

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com