Ameijide esixe ao Concello unha campaña intensiva de limpeza

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, defenderá ante o pleno unha iniciativa para que o goberno local poña en marcha “de inmediato” as medidas necesarias e urxentes para iniciar unha campaña intensiva de limpeza na cidade.

Antonio Ameijide incide na necesidade de mellorar a limpeza de Lugo a través de baldeos mecánicos, retirada de herbas e maleza, renovación e posta a punto dos colectores do lixo e programación adecuada da limpeza en todos os barrios da cidade.

O voceiro popular explica que os cidadáns “xa están fartos” da suciedade que hai en todas as rúas de Lugo, queixas que remiten todos os meses ao Concello de Lugo. Neste senso, o popular destaca “as reiteradas” queixas remitidas por parte dun particular desde o ano 2015 solicitando recolocar varios colectores de lixo para desbloquear varias prazas de aparcamento no barrio da Residencia. “Desde o 2015 desoíron sistematicamente os escritos remitidos por parte dos veciños desta zona, o que demostra a nula preocupación de Lara Méndez por mellorar o sistema de limpeza urbana en Lugo”, dixo.

Para Ameijide a limpeza dunha cidade é un dos eidos máis importantes, para os veciños e para os turistas que visitan a mesma “falamos de que a mellor tarxeta de presentación e a mellor publicidade” que un municipio pode mostrar é ser unha cidade limpa e pulcra, “pero semella que a Lara Méndez non lle importa”.

Por outra banda, Ameijide explica que hai, a día de hoxe, 114 queixas de lucenses agardando por resposta, acumulando entre Méndez e Piñeiro 80 desas queixas, o que demostra “a lentitude” coa que resolven os socialistas os problemas dos cidadáns, o que pon de manifesto “o nulo interese que ambos teñen por escoitar aos lucenses”.

Entre ambos acumulan o 70% das queixas dos lucenses e que o retraso  en respostar aos informes remitidos polos cidadáns pola súa xestión seguramente sexa un indicativo de que “tanto a Lara Méndez como a Daniel Piñeiro non lles preocupa o máis mínimos solucionar os problemas dos lucenses”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com